miércoles, 4 de febrero de 2009

Taboleiros de DM

· Os tableiros de DM , Densidade Media ou Tablex son utilizados moi comunmene, tanto na carpintería, na marquetería ou nos proxectos escolares, como nós o utilizaremos.



· Está elaborado con fibras de madeira que se unen entre sí con un adhesivo,
mediante a aplicación de calor e presión.

·
Presenta unha estructura uniforme e homoxénea e unha textura fina que permite que as súas caras e cantos teñan un acabao perfecto. Trabállase prácticamente igual que a madeira maciza. Pódese fresar e tallar na súa totalidade, a estabilidade dimensional, ao contrario que a madeira maciza, é óptima, pero o seu peso é moi elevado.
Perfecta para lacar ou pintar, tamén para barnizar, aínda que polas súas características non é necesario. Fácil encolamento con cola branca habitual.
Soe ter unha cor marrón escura e é un material moi económico, que non se pudre nin se carcome, de haí o seu gran uso.

· Fabricación:
Son producidos usando troncos frescos de pino, seleccionados e descortezados. Os troncos redúzense a astillas, que posteriormente se someten a un proceso termomecánico de desfibrado. A fibra mézclase con aditivos (resina, cera e urea) e finalmente pasa por un proceso de prensado onde se lle aplica presión e temperatura dando así lugar aos tableiros de densidade media.




· Clasificación:
Clasifícase dependendo da densidade (500 ,600 kg/m³) e a apariencia (acbado, con caras chapeadas de melamina, chapeado de madeira natural, ranurado para exhibidores ou lacado).
Principalmente comercialízase en grosores de 2,5 mm a 4 cm ou máis. A medida do tableiro de DM estándar é de 244 x 122 cm.

· Densidades:
de 2,5 a 3 mm 800 kg/m³
de 4 a 6 mm 780 kg/m³
de 7 a 9 mm 770 kg/m³
de 10 a 16 mm 760 kg/m³
de 18 a 19 mm 755 kg/m³
de 22 a 25 mm 750 kg/m³
de 28 a 32 mm 740 kg/m³
de 35 a 38 mm 730 kg/m³
de 38 a 40 mm 720 kg/m³

Peso aproximado por tableiro (2.44 x 1.22 m) según o grosor:
de 3 mm 7 kg
de 5 mm 12 kg
de 7 mm 16 kg
de 10 mm 23 kg
de 16 mm 36 kg
de 19 mm 43 kg
de 30 mm 66 kg

[Voltar á principal]